28 oct. 2011

Actividades na aula a partires do millo

A voltas coas contas
As mellores contas son as do cálculo vivo. Unha boa mazorca coma ista ten : 13 follas, 12 ringleiras de grans e 444 grans en total. ¡Que pasada!


Tamén o modelado. Estupenda habilidade cos dediños para facer boliñas ben miudiñas.



Representar algo que foi observado con gran interese é o mellor xeito de afianzar o que se aprende. Isto de debuxar na pizarra moito nos atrae.





Logo tamén traballamos no papel : debuxo, coloreo, picado e recortado...ao tempo que recitamos adiviñas ou aprendemos lerias e cantigas sobre o millo.



Isto de xuntar moitos grans de millo para darlle pienso ao burro Trotón, á burra Catalina e ao seu filliño é unha tarefa que entusiasma.
Que mellor ocasión para a motricidade fina que debullar estas atractivas espigas de millo caseiro.









Un extraordinario xogo matemático lógrase cos materiais saidos da recollida dos productos do outono. Moi ben o pasamos inventando series do tipo desta co millo, castañas e landras : contruímola, lémola e cantámola con expresión corporal e rítmica.




Ata para a psicomotricidade do xogo o noso estupendo e natural recurso traído por Rosario : o profe Ricardo cun inxenio moi oportuno, xurdiu con carozos de millo os máis axeitados xogos na súa clase de educación física.
Esta ocurrencia da nosa colaboradora da para facer todo tipo de enredos de moito proveito.






1 comentario:

  1. Que cousas máis divertidas fixestes co millo!! Os nenos vese que están moi motivados e iso...é o importante!Moitos biquiños dos vosos compis da clase das Bolboretas de Carrio. Calqueira día...voamos ata Vixoi! :-)

    ResponderEliminar