21 oct. 2011

A esfolla do millo

Convidados á esfolla do millo :
Coma en anos anteriores na Casa da Santa xa contan con nós para esfollar o millo.


¡Boa colleita!
Este ano foi das mellores colleitas que se acordan. Grazas a que os xabaríns non fixeron tantos estragos coma nos últimos anos.


¡Unha gozada!
É un traballo tan divertido que non cansamos.


Aunque algunhas son duras de esfollar, temos que axudarnos : retorcer, tantear, calcular, os dous a un mesmo tempo...tirar e tirar.
Todo un exercicio de calibre e habilidade, unha oportunidade para sacar as mañas.


Da colaboración
sae a solución.

Sempre contando cos maiores
Rosario e a súa familia, sempre con atentas e atinadas explicacións : variedades de millo, aproveitamento, alimentación humana e animal, maquinaria empregada, etc.



A diversidade en todo
Mazorcas ou espigas, tan diversas coma a xente, e de todos os tamaños.


Unha intensa xeira
Un final feliz, hai moito que celebrar. Celebramos a colleita, o bo acollemento, en fin, toda a experiencia.



Festa no aire
¡As follas que ben voan! E non hai colchón nin colchoneta tan gustosos.
¡Diversión ao natural gratuita e fenomenal!






¡Benvida a abundancia!

O horreo vai cheo
e non caberá nel
tan abondante colleita.


Despedímonos cheos de ledicia agradecendo e cantándolles esa de :
É unha familia excelente...”
E desexando que de hoxe nun ano todos aquí voltemos e tanto e tan bo millo entre todos esfollemos.






3 comentarios:

  1. Alicia...de hoxe nun ano os nenos e nenas de 3 anos de Carrio, apuntámonos a esfollar o millo! Que actividade tan divertida! A verdade que da gusto ver as fotos!

    ResponderEliminar
  2. ¡Que ben o debíchedes pasar! Ademáis seguro que a maioría dos nenos nunca viran semellante traballo nas súas casas. Noraboa e seguide así de activos na vosa escola. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. ¡Que ben o debíchedes pasar! Ademáis seguro que moitos dos nenos están coñecendo gracias a Rosario e Mari Carmen todas estas labores do campo. Noraboa por esta escola tan activa. Un saúdo

    ResponderEliminar