7 oct. 2011

Experiencias no comezo do curso

¡¡Comezo animoso!!

A primeira saída é para saudar á nosa árbore amiga,o freixo. Despois de presentarlla aos nenos/as novos observámola e cantámoslle.
Logo dunhas carreiriñas polo campo e uns pinchacarneiros falta nos fixo un relax...






Comezamos cunha festiña para recibir aos nenos/as de tres anos.



As cebolas
 
A recollida das nosas cebolas fíxonos moita ilusión: descubrímolas na terra, observámolas, contamos, expresamos, lemos, escribimos, debuxamos, modelamos... e con estas boísimas cebolas ecolóxicas agardamos a facer unhas boas tortillas coa axuda de mamás e papás.














Visita á bisavoa Rosario para amosarlle a boa colleita e agradecerlle a súa colaboración; ela deunos as plantas, o abono e os consellos.
Rosario e M. Carmen acóllennos sempre co mesmo agarimo, ademáis de amosarnos os animais e a horta convídannos a galletas. Nesta casa tan visitada celebramos un novo encontro coas cantigas que aprendemos de Rosario.









No hay comentarios:

Publicar un comentario