7 oct. 2011

Seguimos coas experiencias no comezo do curso

Tamén Rosario nos deu plantas de repolo. Para plantar os repolos voltamos á súa casa para pedirlle as ferramentas.
Preparamos a terra, sacamos herbas, plantamos, abonamos e regamos. ¡ Vaia choio que nos deu !







 





Isto de contar cunhas veciñas sempre dispostas para nós é unha sorte. Cada día unha sorpresa: apareceu Rosario cunhas plantas de maracuyá e Mª Carmen axudounos a plantalas.



Saída á casa da veciña Lourdes:

Foi do máis completa: Observamos parras, variedades de uvas  (probando de todas a fartar). Observamos o lago cos peixes e plantas acuáticas. Observamos mamíferos e aves. Vimos funcionar o muíño, moendo o millo para os animais. Vimos moitísimas variedades de hortalizas, de árbores frutais e de plantas ornamentais. Foi unha gozada contar co agarimo e coas explicacións de Lourdes e de Mª Carmen.





























No hay comentarios:

Publicar un comentario