14 oct. 2011

Vivimos o outono

Fungos e cogomelos, 
poucos son os comestibles 
¡Moito ollo ao recollelos!
Curioso exemplar de fungo criado ao pé dunha maceira. Trouxonolo a nosa colaboradora Mari Carmen (logo rotou polas escolas do CRA)
As nosas fenomenais veciñas sempre nos teñen ao día.




Tamén cos nosos monecos maiores : avós e avoas, bisavós e bisavoas, seguimos aprendendo cantidade de cantigas, lerias, adiviñas... do outono, das castañas, do magosto, e dunha morea de cousas.




Preparando a saída
Outra linda sorpresa foi a do avó de Elena, o señor Pepe. Como é tan cariñoso, e ao mesmo tempo ten unha maña especial, fíxonos dous fermosos cestiños para a nosa recollida de castañas.



Saída ao souto
Observamos os cambios no outono,distinguimos variedade de árbores e apañamos cantidade de castañas, debullando os ourizos.
Cada un co seu cestiño, entre todos/as enchemos un cesto ben grande.












Logo fixemos o reparto e cada un levou catro presadas. Deixamos na escola unhas poucas para facer xogos de contas,series, sumas, restas...


Fungos e cogomelos

3 comentarios:

  1. ¡¡Qué maravilla!! ¡cantas cousas aprenden estos nenos na escola! Non hai libro que consiga explicarllas con tanta sabiduría. Felicitacións ás mestras e tamén ás colaboradoras

    ResponderEliminar
  2. Vese que na escola de Vixoi aprendedes un montón de cousas ao tempo que vos divertides. Quen fora nena outra vez...

    ResponderEliminar
  3. Carai cantas castañas colleron estes nenos! Así da gusto! Nós plantamos unha cada un para poder ter castiñeiros pero como somos tantos na Escola de Carrio...imos ter un gran souto!!!

    ResponderEliminar