18 nov. 2011

Correspondencia coa escola de Lago


Correspondencia coa Escola de Lago - CRA de Valdoviño

Os  nenos e nenas da Escola de Lago mandáronnos en varias ocasións agasallos moi interesantes, pois  eles traballan con experiencias preciosas. Desta  vez  foi un agasallo comestible, una froita de outono para nós descoñecida. Trátase da freixoa. Fíxonos ilusión e á mayoría gustounos probala.
Nós, con moito cariño,  respondémoslle por correo electrónico; redactamos  a carta  e logo cada un de nós escribíu unha parte no ordenador.
Como xa nos coñecemos a través dos blogs a nosa correspondencia está moi motivada e faremos o posible por continuala. 




1 comentario:

  1. Esas freixoas estaban boísimas! A profe Alicia comparteu con nós un par delas! A verdade que é unha sorte ter colaboradores tan voluntariosos, pero está claro que o gañades a pulso co voso traballo e coas experiencias que facedes na vosa escola! Noraboa!

    ResponderEliminar