25 nov. 2011

Cos avós moito aprendemos


As avoas, os avós e as persoas maiores en xeral son das mellores colaboradoras da nosa escola. Durante este curso virannos dar lecer e esinanzas todas as avoas, avós  e outras persoas que poidan e queiran.
Nesta semana tocoulle a Elena presentarnos ao seu avó, o Señor. Pepe. Elena falounos dos avós maternos  e paternos. Cos maternos, que viven en Vixoi,  pasa moito tempo e está moi encariñada. Ela é moi feliz con eles e admíraos moitísimo. 



O Sr. Pepe é toda unha persoaxe importante. É un home moi atento, cariñoso  e con moitos saberes.
O avó Pepe contounos a súa longa historia que nos resultou do máis interesante. É un home que sabe cantidade de oficios pois el fixo de casi todos os traballos dende que tiña 15 anos. Tamén é un mil mañas . 


Fai xoguetes moi feitiños e outros enredos curiosos. Fixo dous cestiños que da gusto velos para cando nós fomos ás castañas. E como el recicla canto pode aproveitou  recortes de madeira.  (Un cesto é para Elena e outro para a escola).


Unha boa ocurrencia :
O avó Pepe quíxonos dar una sorpresa e vaia que ben a logrou. Montounos un experimento de electricidade, cun circuito, que nos deixou abraiados. A alguén pareceulle que o avó Pepe tamén era mago…








Tamén o avó Pepe é un gran lector, e coma nós sinte curiosidade por todo; por iso é un home con moita cultura. Contounos alguna anécdota estupenda. 
Nós para agradecerlle a súa atención cantámoslle e dedicámoslle xogos populares sobre traballos dos que nos falou.


Co avó Pepe pasamos una xeira inolvidable e aprendemos del un montón.




2 comentarios:

  1. Dos nosos maiores podemos aprender moitas cousas e a visita do avó Pepe resultou moi enriquecedora.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Vivan os maiores!Este avó Pepe...moito vos ensinou, dá gusto!!! Nós tamén queremos que veñan os avós e avoas á nosa escola, así que despois do Nadal...comezamos! Bicos das Bolboretas

    ResponderEliminar