11 nov. 2011

Cumpreanos con torta de millo e limonada natural



Unha bebida especial.
A nosa deliciosa torta acompañámola dunha limonada natural que fixemos cos limóns do noso limoeiro.
Como temos unha árbore moi alta, grazas que o profe Ricardo nos colleu unhas boas presadas de limóns enormes, maduriños e olorosos.
Entre todos exprememos os limóns e batemos o azucre ata poñela a punto.
Logo brindamos coa limonada saboreando entre  sorbiños a nosa exquisita torta,


Outra boa experiencia co millo: Torta galega con fariña de millo (collida dunha receita do libro de Cociña Galega de  Álvaro Cunqueiro).
Encantounos observar os preparativos e facer a torta, pero aínda nos gustou máis lamber a pota. Xa a masa estaba de rechupete antes de cocela!
A tortiña de cumpreanos saíu  requeteboa. Comemos coma larpeiros e aínda lle gardamos a proba a algunhas profes a ás nosas veciñas colaboradoras.

3 comentarios:

  1. Menuda pinta que ten esa torta, seguro que non vos chegou a nada!! E os limóns do limoeiro de Vixoi teñen súpervitaminas. Unha merendola do máis sá e natural. Biquiños. Rosa, da escola de Silvoso

    ResponderEliminar
  2. Que ben o pasades por Vixoi! Gústanos moito, moito o voso blogue. Facedes actividades moi divertidas e vese que aprendedes moito e moi ben! Esa torta...que saborosa estaría! Parabens a todos e á profe polo traballo que fai! Bicos das Bolboretiñas de Carrio!

    ResponderEliminar
  3. Cos limóns da escola de Vixoi e o agarimo de tod@s vós, a miña gorxa mellorou mogollón. Graciñas de corazón.

    ResponderEliminar