18 nov. 2011

Máis agasallos de outono


Cogumelos tenriños

Non podían fallar os cogumelos  entre as variedades  outonais ;  e para iso, sen  perder ocasión,  a bisavoa  Rosario andivo atenta a que estiveran a punto  para  traernos una boa bandexa  de lindos champiñóns.Outra experiencia  para  estudar os  productos  silvestres da nosa contorna que tanto nos engaiolan.  Agora comeza outra investigación na que tamén colaborarán mamás , papás e demais familia…



Pombiñas de millo
As pombiñas de millo (coñecidas por palomitas de maíz) foi una  gran ocurrencia  da profe Isa. Como Isa sabe que nós  estamos moi motivados co tema do millo apareceunos cunha  sabrosa sorpresa, tróuxonos una boa saqueta de bolsiñas de millo e explicounos como se preparan.  Aínda que nos encheu con abondancia os cucuruchos, como  era boa lambetada, non cansábamos de recuncar:  ¡¡Máis…máis…!!.  Pero,  claro está que hai que deixar para as outras escolas nas que tamén hai larpeiriños/as coma nós. Así que moi satisfeitos/as  e agradecidos/as rematamos con divertidas  lerias e cántigas sobre o millo.





1 comentario:

  1. Pero bueno...SODES OS NENOS E NENAS MÁIS LARPEIROS DO CRA!! Da gusto visitar o voso blogue...sempre hai cousas riquísimas para comer! E sobre todo...pasádelo tan ben! Bicos dende Carrio

    ResponderEliminar