2 dic. 2011

Co avó de Sofía


De avó en avó; todos son do mellor.

Desta vez tocoulle a Sofía a sorte de presentarnos ao seu querido avó, o Señor Gerardo , quen sempre se ocupou moito dela.  Un home sorprendente e cunha historia completiña dende a súa infancia no fermoso Val de Xestoso (Monfero).  Na súa entrañable aldea criouse nunha singular familia de nove irmáns, todos eles varóns.Dende moi neno  Gerardo axudaba  aos seus país nas tarefas da casa, do campo e dos animais.   Con moi curta idade xa facía de cociñeiro para 11 persoas, ademáis de ocuparse doutras tarefas do fogar xunto coa súa nai. Dende os 12 anos traballa de carpinteiro  e de costureiro, pois aprendeu axudando a dous irmáns que eran grandes xastres. Xa de mociño vai de segador a Castela  e coa ganancia aforra para casar coa súa noiva. Despois de casar vaise á Coruña donde traballa uns anos nunha  empresa que non cumple as súas expectativas. Decide emigrar a Suiza; país donde reside durante moitos anos . En Suiza, ao tempo que aprende idiomas, dedícase a un oficio fascinante: soprador de vidro nunha das fábricas artesanais de vidro máis importantes de Europa : GLASI  HERGISWIL. Nesta fábrica fixo de todo e tamén foi encargado. Desta ampla experiencia  deunos una  boa explicación. Ademáis  podemos ver un video  fascinante, desta mesma fábrica, e  que recolle todo o proceso da elaboración artesanal do vidro. Así mesmo  vimos no video o importante e recoñecido  museo que nesta fábrica existe.
Como experto que é no tema do vidro e do seu reciclado, ademáis das expicacións fíxonos una demostración dun experimento insólito para nós e que mesmo parece maxia. 
(Outro avó mago…): Anque parece increíble logrou meter una escadiña de madeira nunha botella de vidro transparente. Esta si que foi! E deixounos de agasallo este palpable artiluxio feito diante de nós.



A maiores  fíxonos  outro precioso agasallo dun carriño de madeira, (aínda nos amosou como o remataba e púxolle os fungueiros  diante de nós). Un dos xoguetes artesanais da sua infancia. Tamén nos falou das partes do carro, da súa utilidade, da súa historia…e da vida na aldea nos seus tempos.


Sempre lembraremos ao avó Gerardo; todo un libro aberto e todo un artista. Foi unha fenomenal ocasión de falar con el de moitos temas e foi unha gozada para todos nós escoitalo. Nós co meirande agradecemento e cariño dedicámoslle a canción do carro (do poeta Manuel María ) e alguna canción popular.


Sofía e o seu avó, o señor Gerardo on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario