21 dic. 2011

Festa do Nadal dedicada ao freixo amigo






Ao tempo que  fixemos o libriño preparamos a actuación para a celebración do Nadal. Pasámolo moi ben ensaiando porque nos encanta recitar as estrofas e cantar panxoliñas. Tamén tivemos que preparar o mural dedicado ao amigo freixo e os aderezos para a actuación (cunha banda e una coroa  fomos vestidos de festa de NadaL). A nosa actuación encantoulle a todos os asistentes. Encheuse a escola de xente (familias, veciñas, compañeiros/as de cursos pasados...). Foi un encontro maravilloso e unha experiencia que quedará entre as nosas fermosas lembranzas.  Comunicámonos e divertímonos moito. Resultou un éxito completo. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario