21 dic. 2011

Nadal co amigo freixo


A nosa árbore amiga sempre foi un motivo de sensibilización coa natureza que nos rodea e de ampliación dos nosos coñecementos e dos nosos valores partindo das vivencias. Como ademáis sobre ela temos unha linda historia, convertiuse tamén en motivo de inspiración para celebrar o Nadal dun xeito do máis significativo e divertido. Así o queremos compartir cos nosos seres queridos: familiares, compañeiros, mestras e amigos.
Un xeito de honrar á nosa  árbore neste tempo  de Nadal,no que xa se atopa espida, é arroupandoa  co  noso agarimo e coa nosa admiración. Ocurriúsenos expresarllo dun xeito visible colgándolle uns corazóns –cada un  de nós fixo o seu- , coa axuda do profe Ricardo.
Logo estará presente o noso amigo freixo na festa de Nadal,  no recitado que lle dedicamos en nun  libriño que sobre esta experiencia fixemos.   Estalamos de ilusión con esta celebración tan especial!







No hay comentarios:

Publicar un comentario