2 dic. 2011

Un contacontos especial

O Carballo con botas ou Trasno Anxo chegou dende as montañas do Caurel.  El percorre Galicia enteira en patinete visitando escolas.  Sendo un defensor da natureza  el anda na procura dos contos  que, fuxindo  de tanto desastre ecolóxico,  fóronse agachar ás árbores. Por iso se dedica principalmente a ensinarlles a nenas e nenos como atrapar os contos das árbores . Nas escolas é donde atopa os mellores colaboradores/as para esta misión de recuperar tan preciados tesouros.
Ao chegar á escola de Vixoi, O carballo con botas quedou abraiado con oso limoeiro. Deseguida descubriu canto tesouro de contos invisibles  se agocha neste espléndido limoeiro. 


Entre todos atrapamos centos de contos cun aparelliño máxico que este trasno inventou. El contounos uns contos maravillosos nos que participamos con entusiasmo. Trátase de personaxes  que nos falan de mensaxes de paz, de xustiza, de amor, de ledicia, da diversidade cultural, da conservación da natureza e do noso planeta ….Todos eles mensaxes moi, pero que moi importantes.

O trasno Anxo e a nosa árbore amiga 


Sabendo das nosas experiencias, o Trasno Anxo, non se quixo despedir sen antes facer una visita á nosa árbore amiga,  por canto se interesou con gran curiosidade cando lle falamos dela.  Alí fomos co Carballo co botas darlle unha forte aperta ao amigo freixo que neste tempo xa está todo peladiño.  Por certo que o Carballo con botas foi encantado e nós quedamos  máis aínda...


Un contacontos moi especial on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario