21 dic. 2011

Voltou o Pandigueiro



O Pandigueiro  non se esquece de Vixoi, pero o mellor foi que este ano puidera  visitar todas as escolas do CRA de Bergondo. Despois de tantos anos esquecido por fin vaise espallando o coñecemento del.  Cada ano ten máis traballo e caro lle costa acadalo, pero faino con tanta ilusión que non ten paraxe. Este ano non lle chegan as noites para ir ás casas onde o chaman nos propios días de Nadal e fin de ano.


Durante o día ten que visitar tamén as escolas. Para nós é unha sorte que o faga deste xeito pois así podemos gozar da súa presenza, escoitar as súas sabias mensaxes, dos seus grandes consellos e falar con el. Por certo que é do máis garimoso e todos os nenos e nenas  procuraban os seus aloumiños e valoraron moito os seu  agasallos de exquisitas froitas naturais collidas especialmente das árbores das montañas do Courel, do Incio, dos Ancares, Pedrafita…



No hay comentarios:

Publicar un comentario