13 ene. 2012

Agasallos de ano Novo: O Pandigueiro e o Chirlo Merlo


Coma os anos pasados á volta das vacacións atopámonos cunhas sorpresiñas:
 Resulta que a noite de fin de ano voltou pola escola o Pandigueiro e deixounos unha bolsa -desexándonos boa mantenza para o ano vindeiro-  que contiña froitos secos e froitas pasas. Con abundancia e variedade enchemos unha bandexa para ir picando nestes días tan xeados da entrada no inverno e nos que se precisan moitas calorías. Estámoslles moi agradecidos ao noso estimado Pandigueiro.
O Chirlo Merlo non deixa de lembrarnos: deixounos unha garimosa carta felicitándonos pola nosa actuación dedicada á arbore amiga. Di  estar moi satisfeito de nós porque somos moi traballadores/as e uns artistas. Encantoulle o libriño que fixemos do Freixo amigo, o mural e toda a maravillosa festa de Nadal na que tan ben colaboraron as nosas familias. E como premio deixounos uns agasallos ben axeitados para nós, pois en vendo como tiñamos as ceras e pinturas gastadiñas tróuxonos outras novas.
Igual que no comezo do curso, que nos agasallou con lápices e gomas, o velliño Chirlo Merlo anda moi atinado e pendente do que nos serve para aprender e gozar debuxando e escribindo…
Tamén nos troixo unha  pequena esfera terrestre con mensaxes de PAZ, XUSTIZA, AMOR E LEDICIA  para todo o planeta e para que sigamos aprendendo de todos os países e da humanidade enteira.







3 comentarios:

  1. Este Chirlo Mero está en todo, que bo partido lle imos sacar aos seus agasallos. Bicos e ata o martes.

    ResponderEliminar
  2. Dende logo estes nenos e nenas de Vixoi son moi bos, tanto o Pandigueiro coma o Chirlo Merlo deixóuvos cariños moi especiais, noraboa!!!

    ResponderEliminar
  3. Qué sorte amiguiños!! Nótase ben que o Pandigueiro quedou encantado con vós e sabe que sodes meniños de ben...Unha aperta das bolboretiñas de Carrio!

    ResponderEliminar