27 ene. 2012

O noso espléndido limoeiro


Agora si que está en pleno esplendor. No propio tempo de inverno, cando máis vitaminas se precisan, o noso limoeiro aparece colmadiño de limóns. Cunha xenerosa ofrenda bríndanos uns froitos  que parecen de conto…
Vitamina de limón.
Xarope de prevención
Para a nosa gorxiña.
Contra a gripe e os refriados.
Neste tempo de inverno
non nos fallen bos coidados.




Durante todo o ano a presenza do limoeiro é sumamente estimada. Enche o noso patio coa súa grandeza, danos agarimo entre o seu agraciado e retorto tronco,  sérvenos de soporte para o noso desafogo motriz, cúbrenos coa súa  densa sombra.  Por algo se convertiu no emblema da escola de Vixoi.




Tanto polo seu notable tamaño coma polos seus exuberantes froitos , o noso limoeiro, chama a atención a cantos se achegan pola nosa escola. E como recende…! Este ano veu cargado a tope e cuns limóns tan sans e bonitiños que da gloria contemplalos.
Según van madurando
Xa os imos apañando






Nestes días andamos ben enfaenados na colleita e no reparto dos nosos  apreciados froitos. Facemos o reconto e logo o equitativo reparto:  para @s nen@s, para  as familias, para @s profes…Tod@s din que estes limóns son especiais. Moito máis sabidos e olorosos que os que se mercan.







Tamén as follas, que lle van caendo algunhas ao recoller os limóns, teñen o seu proveito; xa van dereitiño para o noso composteiro.



Experiencia redonda e do máis gratificante. Parabéns ao limoeiro!
Grazas ao gran limoeiro
que no patio da escola
convertiuse en compañeiro.

3 comentarios:

  1. Ben sei eu do bos que son eses limóns, moito mellrou a miña gorxa grazas a eles e a o voso cariño. Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Pero cantos limóns que tedes en Vixoi, así da gusto, o próximo día levarei un par deles para que a gorxa siga resistindo estes fríos do inverno, bonitas fotos!!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Qué sorte tedes na escola de Vixoi! Tedes de todo!! Fame non pasades, non! Da gusto ver canto aprendedes! Noraboa á profe Alicia e aos nenos e nenas! Biquiños

    ResponderEliminar