20 ene. 2012

Un composteiro para a nosa horta


Os repoliños da nosa horta están ben repoludos…  As súas frondosas follas  parecen moi apetitosas  polo que demostran os vistosos comensais  que nelas devoran con tanta ansia. 



Ninguén mellor que estes vermiños  entende de calidade da verdura . Eles ben distinguen os productos que non levan tratamentos  químicos . Como disto xa pouco se atopa logo se enteraron do que hai  na escola de Vixoi. Para nós tamén resulta moi interesante a súa presenza. 



Con estes novos residentes ademáis de comprobar un ciclo natural sentimos a natureza viva que nos arrodea e así gozamos  sempre das súas maravillas.
Neste comezo de ano tivemos a sorte de contar cun novo recurso que contribuirá a mellorar a nosa horta. Trátase dun composteiro que nos troixo o Concello de Bergondo. 





 
Agradecemos este estupendo agasallo que nos permite ampliar as nosas experiencias. Dende agora  o noso hortiño cotará cun  excelente abono  natural . Nós aprendemos moito e habituámonos a reciclar todo tipo de restos orgánicos. Encántanos cada día  botar o que haxa para o composteiro de froitas, plantas, follas…




Tamén os operarios do Concello quedaron en traernos  herba da que recollan cando fagan a corta. Deste xeito  xuntaremos cantidade e calidade.

1 comentario:

  1. Qué sorte tedes en Vixoi! Eses repolos dan unha envexa...qué bos estarían nun caldiño...!! Os vermes son ben listos...non lles vale calqueira cousa!
    Por certo...ese composteiro está estupendo para ter conciencia de reciclaxe, porque xa sabemos amiguiños, que todo ten utilidade! E as plantiñas que tedes por aí...estarán encantadas de ter un abono tan ecolóxico! A ver se temos sorte e puidéramos ter un en Carrio...Xa vos contaremos en que queda a cousa! Bicos!

    ResponderEliminar