13 ene. 2012

A visita dos Reis Magos



Este ano tivemos como boa novidade a visita dos Reis Magos á nosa escola. Neste Nadal foi a primeira vez na que os Reis Magos visitan todas as escolas do CRA de Bergondo.  Foi unha experiencia estupenda telos aquí entre nós. O certo é que nos resultou máis emocionante e espontánea que cando os vimos noutras situacións. Os tres Reis foron moi garimosos . De entrada algún neno recelaban, pero deseguida foron pasando todos/as polo seu colo.
Este ano, como temos que facer axustes, trouxéronnos como agasallo catro contos para compartir. É un bo xeito de practicar iso da solidariedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario