12 feb. 2012

Cada día facemos pola Paz


O que facemos en cada momento  é o que conta para practicar a Paz.  A cotío na escola   intentamos que  en cada un de nós  e no grupo enteiro  flúa unha comunicación positiva.
Na nosa  correspondencia   cos nenos/as da escola de Lago (Valdoviño) compartimos experiencias motivadoras sobre a Paz. Entre outras cousas enviáronnos  fichas que eles imprimiron de xeito manual, cun limógafo, sobre a pomba da Paz. Logo nós pintámolas con pincel. Estas serán páxinas para un libro compartido.










Nós tamén lles enviamos  algúns dos traballos  feitos para un libro  viaxeiro, sobre a PAZ, do CRA de Bergondo



Nesta ocasión dedicámonos a investigar como viven a malloría dos nenos/as do mundo naqueles países condenados á miseria. Averiguamos sobre como o desequilibrio das riquezas  impide a Paz, sobre os nenos e nenas explotados e maltratados, sobre a xustiza e a inxustiza. E ben que comprendemos todo isto!

video


video


video


video 


video


video


video


video


Na nosa investigación valeunos de moito a excelente aportación de fotos documentais  do tío do noso compañeiro Alberto.  Javier , que viaxou por moitos lugares dos distintos continentes, ocúpase dende hai  anos de recoller boas testemuñas  como denuncia do que sucede neste mundo tan inxusto. 



Tamén o noso colaborador o amigo  Chirlo Merlo, en vendo que necesitabamos novas pas para xogar no areeiro, tróixonos un bo lote de xoguetes  para  empregar na area. Agora temos os necesarios para evitar  conflitos.  E, como nos di o Chirlo Merlo nas súas cartas,  podemos xogar  en PAZ.


1 comentario:

  1. Noraboa Alicia, son unha das persoas que temos o gusto de traballar cuns alumn@s educados en escoitar, valorar, comprender e colaborar, e ese mérito é teu en gran medida. Sigue con ese ánimo.

    ResponderEliminar