24 feb. 2012

Preparamos o Entroido




Comezamos por facer os instrumentos musicais a base de reciclar. Viñéronnos a punto uns tubos de menciñas que fomos xuntando. Dun xeito moi sinxelo, pero atractivo, forrámolos co papel escollido por cada un e logo adornámolos con pegatinas. Para o son metémoslle unhas pedriñas das do patio. Gustounos como quedaron as nosas orixinais maracas… E soan xenial para acompañar as nosas coplas entroideiras!Coma anos anteriores dispuxémonos a facer o meco para por na entrada da escola anunciando o entroido.
Unha boa xeira de habilidade motriz para facer tanta bóla de papel. Había moito corpo que encher e sobre todo moito bandullo. Pero mereceu a pena. Foi unha gozada para todos/as.
E despois dos preparativos que ben senta unha entradiña cuns exquisitos buñuelos que nos troixo Lúa…! Este si que é un bo anuncio de comezo do entroido. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario