3 feb. 2012

Repolos cumpridos. Poucos pero bos.


Aos nosos cumpridos repolos chegoulles o seu momento. Nestes días vivenciamos a nosa primeira colleita de repolo.
Grazas á nosa amiga e veciña Lourdes que nos veu aconsellar de que estaban no punto de cortarles o cogollo para que boten os xenos. Lourdes explicounos que de non facelo nestes días logo xa lles pasa o tempo, pois cambia a lúa para carto crecente e tenden a espigar. Tamén nos  dixo que estes tipo de repolos son de máis doado espigar que de pechar a bóla do cogollo e polo tanto é mellor quitarlles a cabeza para que lles saían novas e tenras follas -que son os exquisitos xenos- tan apreciados, para un bo caldiño ou un delicioso cocidiño galego, especialmente  agora que imos para o antroido.
Para nós resultou emocionante ter nas mans estes frondosos productos  que, sendo tan pouca cousa, significannos  tanto.
A hortiña sempre nos ofrece momentos formidables.
 Como engancha!






2 comentarios:

  1. VAIA REPOLOS, RAPARIGOS!!! Da gusto mirar para eles!!! Nótase ben que os coidáchedes!!Se facedes un caldiño por Vixoi...mandade recado, que presentámonos alí a fume de carozo!! Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Saleta, se en Vixoi se animan co caldiño ¿ocórreseche quen pode poñer os chourizos??

    ResponderEliminar