16 mar. 2012

Adiviña viaxeira


Encántanos memorizar e recitar lerias, adiviñas, cántigas, trabalinguas…Nisto temos unha inmensa riqueza na nosa literatura popular. Hai para todo e resulta un divertido recurso cheo de significados para calqueira ocasión.  Ao mesmo tempo  non deixa de ser unha xenial oportunidade para expresarnos en galego de xeito correcto e ameno. Desta vez, e lembrando as comidas do entroido,  xurdiounos unha apropiada adiviña. Como nas aulas de Carrio  tiveron unha  envidiable experiencia de facer chourizos  ocurríusenos mandarlles esta adiviña. Como son nenas e nenos do máis espelido seguro que atinan.
A nós molános gravar para sair no blogue e compartir cos nosos/as colegas.
 
 
 

2 comentarios:

  1. Pero que ben o fixeron,encántame como o fan,bicos!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas nenos e nenas de Vixoi!!!! Gústanos moito como o fixestes!! Bicos dende Carrio!

    ResponderEliminar