2 mar. 2012

Cóntannos do antroido noutros tempos: A veciña Lourdes e o avó de Candela


Foi unha maravillosa oportunidade escoitar a estas persoas. Con moita sabedoría e coa meirande emoción transmitíronnos unha historia moi interesante.

Dende o antroido popular dos choqueiros polas rúas da Coruña ata os bailes na Fábrica de Tabaco, con artísticos disfraces deseñados e feitos pola avoa de Candela…,Cunha morea de anécdotas do máis abraiante o avó de Candela- que ela nos presentou con toda a merecida admiración que lle profesa- expresounos con maestría unhas vivencias tan apaixoantes que os nenos/as non cansaban de escoitar.

Documentado cunha viva narración chea de datos curiosos da época da súa nenez e da xuventude e mesmo con fotografías, Miguel -o avó de Candela-, fixo un percorrido polas súas ricas memorias . Mereceu a pena ata o punto de que xa lle pedimos outra visita.

Outra tanta sorte tivemos coa nosa amiga e veciña Lourdes que, cun agarimo especial, dedicounos unha boa parte do seu tempo cheo de intensa ocupación.

Queda curto este espazo para ben recoller as maravillosas lembranzas de Lourdes, que ela nos transmitiu coa emoción á flor dos ollos, falándonos dos valores inesquecibles dos seus país. No seo dunha familia admirable, en tempos de miseria e de moitas privacións, Lourdes vivíu unha infancia e unha xuventude chea de afectos, de ledicia e plenitude. Con fermosas anécdotas describíunos experiencias dignas de ser contadas nun libro que nos serviría de xenial referencia para a nosa historia.

O xeito creativo, lúdico e comunitario de celebrar o antroido nas familias e nas aldeas de Bergondo quedounos preciosamente expresado pola nosa amiga Lourdes. Continuaremos contando con Lourdes para recoller máis historias.

Quedamos encantados e moi agradecidos.













No hay comentarios:

Publicar un comentario