30 mar. 2012

Outra volta á nosa horta


Un ano máis chegou o tempo de plantar no noso hortiño. Este ano, ademáis de continuar coa meritosa colaboración de Rosario e Mari Carmen, contamos cunha nova e oportuna colaboración por parte dos empregados do Concello .
Do primeiro paso, que foi roturar a terra, ocupouse Antonio. Con el observamos as diferentes ferramentas e aprendemos o nome e o xeito de traballar con elas. E aínda que pesan dabondo fixemos o nos intentiño… Apreciamos moito a excelente atención que nos prestaron Antonio e Victor o mesmo que agradecemos o interese do Concello de Bergondo pola nova iniciativa de colaborar con esta importante experiencia nas escolas do CRA.
Da segunda parte ocupáronse, coma en anos anteriores, Rosario e Mari Carmen. Co meirande entusiasmo troixéronnos as plantas, o esterco dos seus animais e un pouco abono químico para que o diferenciemos do natural. Mari Carmen ocupouse de labrar a terra máis a fondo, facer os regos, abonar e plantar. Nós, ademáis de observar ben atentos a variedade de oito clases de plantas e de seguir as explicacións de todo o proceso, participamos con moita ansia en cada paso.











Ao remate démoslle moreas de apertas e parabéns a Rosario e a Mari Carmen agradecéndolles tan estimable axuda.
E agora con esta lamentable seca teremos que estar pendentes de regar, pero con este traballo pasámolo coma ananos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario