14 mar. 2012

Parabéns á bisavoa Rosario no seu cumpreanos










O día 1 de marzo foi outro día sinalado, pois a nosa amiga e colaboradora Rosario estivo de cumpreanos. Isto de cumprir 89 anos cheos de plenitude é para celebralo.
Con moita ilusión fomos á súa casa para felicitala e honrala cos nosos recitados e coas nosas cantigas; un xeito de expresarlle tanto cariño, admiración e gratitude que sentimos por ela. Tamén lle levamos un sinxelo pero orixinal agasallo que lle fixemos de todo corazón. Aínda que, co gallo desta data e ao ritmo que podemos, seguimos a facerlle un libriño dedicado a ela. Rosario, coma sempre, correspondeunos co seu entrañable agarimo e co seu convite.

2 comentarios:

  1. Nótase que os aires de Vixoi sentan ben, porque Rosario está feita unha moza. Encántame o colar. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Parabens para Rosario!!! Eu xa firmaba por chegar á súa idade así de ben!!

    ResponderEliminar