4 mar. 2012

A queima do MECO do entroido. Despedida con campás.


A despedida do entroido é outro acontecemento sinalado na escola de Vixoi. Como dispón a tradición -tratándose dun enterro-poñémonos de loito para esta comparsa.
Unha oportuna coincidencia foi que mentres estabamos a cantar a copla do enterro do entroido tocaban as campás da Igrexa de Vixoi. Foi unha oportunidade para que nos contara o Señor Juan, o campaneiro desta parroquia. Unha experiencia máis con outra persoa maior nosa veciña. Tamén aproveitamos para observar o toque e discriminar o son da campá grande e da pequena.
Para facer a queima, coma outras veces, dirixímonos a un lugar tan preferente para nós como é a casa de Rosario. E sobre todo contamos coa súa formidable colaboración. Foi a mesma Rosario quen se encargou de organizarnos o acto e de controlar o lume e a incineración...
Despois de moitas bágoas e dun fondo pesar o espíritu do meco convertíuse en fume, mentras que as suas cinzas quedaron na carretilla para abonar na horta de Rosario.
E nós, moi afectados/as, viñémonos cantando a nosa copla:
O noso antroido
morreu de repente.
Por ser tan lambón
morreu duha enchente.
Encheu o bandullo
de cocido e viño
a fartura acaba
cun forte estoupido.
Adeus noso entroido
choramos de loito.
Ata o ano que ven
non facemos outro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario