24 mar. 2012

Recibimos a primavera e a arte tamén nos espera
























Xa levamos días sentindo a primavera por todos os recunchos e rebulindo con ela, pero nesta semana saímos para observala ben de perto.
O máis sorprendente para nós foi ver ao amigo freixo tan florido. Nunca percibiramos con tanta claridade os seus gromos e a súa peculiar floración.
Tamén o pexegueiro da ledicia contemplalo, pois está do máis vistoso.
Con moita atención fómonos percatando de tanta variedade de flores que ofrecen as árbores da nosa contorna.
E completando este cadro de múltiples plantas e árbores en plena flor atópase unha prolífica alfombra de margaridas que enchen o chan do noso amplo campo.








































Despois desta amena e vivencial visita ao campiño que temos tan perto da escola entrámos pletóricos. Hoxe si que devecemos por comezar os nosos traballos motivados nesta experiencia; así que hai que aproveitar.
Despois de verbalizar sobre o observado e aprender novo vocabulario sobre as partes da flor, etc. gustounos moito modelar flores, debuxalas, pintar co pincel...Logo seguiremos facendo moi variadas actividades coa mesma motivación.
Esta sensibilización de cara a arte de representar vainos servir especialmente agora que estamos a iniciarnos no descubrimento da arte en relación á pintura. Xa nos estamos dispoñendo para traballar sobre o gran artista FRANCISCO LLORENS; un dos pintores máis achegados e representativos dentro e fóra da nosa comarca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario