4 may. 2012

Encontro coa escola de Lago


Outra inolvidable vivencia destes días foi o encontró coas nenas e nenos da escola de Lago. Anque levamos tempo facendo con eles unha interesante correspondencia, aínda non nos coñeciamos . Fíxonos grande ilusión a todos/as.
Resultounos un traballo de plástica ben motivado iso de preparar unha pancarta para recibilos e máis os agasallos. Un mural sobre o noso limoeiro e unha caixa dos nosos limóns ( froita ecolóxica e con denominación de orixe ) foi o noso ofrecemento. 







Comezamos o encontro cunha emotiva e divertida presentación. Despois dunhos xogos moi animados fómos xuntos visitar a casa de Xoán V. Viqueira. Alí, despois de lembrar a Viqueira e de que a bisavoa Rosario nos falara da súa historia, recitamos os seus poemas. Foi unha maravilla todo o percorrido pola finca observando o xardín, árbores singulares, fontes, pombal , mirador etc.















 
Ao final desta especial visita á Casa de Cortón fómonos ao noso campo preferido, xunto ao noso freixo amigo . Neste agradable lugar compartimos unha boa merenda gozando tamén dun momento fantástico de convivencia. As nais e país de Lago sorprendéronnos co convite dunha abundante e rica merenda. Nos convidámolos a un postre. Tamén nos ofreceron unha linda representación, a última que fixeron na súa escola sobre as candeas. Gustounos moito e chamáronnos a atención os traxes de candeas que eles mesmo fixeron así como as velas tamén feitas na escola e das que nos deixaron un agasallo.
Pasámolo tan ben que ben que nos quedamos con moitos desexos de repetir a experiencia.













2 comentarios:

  1. Que bonito encontro, vexo polas fotos que tamén acudiron antig@s alumn@s. Alégrome de que todo saíra ben. Este tipo de experiencias pagan a pena.

    ResponderEliminar
  2. Nótase que o pasastes moi ben! Iso quere dicir que tedes bos amiguiños por aí adiante! Noraboa pola actividade! Bicos

    ResponderEliminar