14 may. 2012

O coelliño da Pascua: a maxia da correspondencia con LAGO.


Para o tempo da Pascua, da escola de Lago, mandáronnos un agasallo marabilloso. Isto veu como engadido á  interesante  información sobre tradicións europeas sobre este ciclo do ano  que eles estudan e tamén celebran.  A figura do coelliño da pascua xunto cun vistoso ovo foi a primeira sorpresa. Así mesmo dixéronnos que lle pediran ao coello que tamén visitara a escola de Vixoi. Polo tanto aconselláronnos que á volta das vacacións buscaramos darredor da escola por si aparacian ovos agachados.
Así fixemos cheos de intriga…Pescudando con moito tino e entusiasmo  sucedeunos a meirande  sorpresa:  Ben agachados, envoltiños e decorados aparecéronnos  uns lindos ovos de galiña. A emoción foi a tope!.








Non pensamos que tal impensado agasallo dera tanto de si. Despois da gozada de  aloumiñar aqueles ovos máxicos e repletos de enerxía de primavera dispuxémonos a compartilos, pois tratábase de ovos cocidos. 
Unha boa práctica de habilidade motriz foi necesaria para cascar e pelar. Logo o reparto foi outra  completa actividade matemática  (cuarta parte, formas, simetría, sección horizontal, corte vertical…). Pero o máis desexado foi probar aquel exquisito bocado. Aqueles cachiños de ovo de Pascua sabían a gloria!
Cos nosos  traballos  de plástica e cos agasallos fixemos un mural que nos encanta ter de recordo.













A segunda  e xenial sorpresa dos de Lago mandáronnola polos nosos carteiros Xan e Eva. Consistíu  nuns oviños de corcho que semellan talmente de paxaro de verdade.  Cada un  fixo un pequeno sobre para levar o seu oviño para a casa. Así gardarémolo con todo o esmero nunha caixa bonitiña como recordó moi especial destes amigos e amigas.



2 comentarios:

  1. Os carteiros tamén tiveron a súa recompensa e lles premiaron cun ovo a cada un. Tamén os imos a gardar como un tesouro. Graciñas!

    ResponderEliminar
  2. Unha actividade do máis completa e divertida. Eu tamén teño que agradecervos que pensarades en min e teño o meu oviño gardado coma un tesouro. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar