25 may. 2012

PRIMEIROS AUXILIOS E PREVENCIÓN DE INCENDIOS: Unha xornada moi novidosa.



Desta vez foi o noso compañeiro Javier quen nos agasallou cunha sorpresa, grazas á mediación da súa coidadora e gran colaboradora nosa, Pily. O fillo dela, Iván Gorgoso Vilariño, brindouse a ofrecernos unha interesantísima experiencia sobre primeiros auxilios. Isto débese a que Iván traballa como técnico sanitario no servizo do 061 de SADA e, para completar o plan ao máximo, tamén contou coa extraordinaria colaboración do seu amigo Luis Cabezal Rodríguez que pertence ao servizo de BOMBEIROS de BETANZOS sendo ademáis un experto formador neste tema.


A cuestión saíu redonda: dous profesionais de vocación e co meirande entusiasmo dedícannos unha xornada pensada especialmente para nós. De xeito moi atractivo, lúdico e estupendamente adaptado á idade infantil fixéronnos unhas demostracións sumamente interesantes. Coa máxima atención acadamos moitos e moi necesarios coñecementos. Ademáis para maior constancia sorprendéronnos tamén cun super agasallo: un DIPLOMA DE ASISTENCIA a esta I XORNADA PRIMEIROS AUXILIOS E PREVENCIÓN DE INCENDIOS. Fomos para a casa emocionadísimos de acadar tan meritosa e linda titulación feita expresamente para nós co meirande cariño.


Ademáis de quedar inmensamente agradecidos a Pily, Iván, Luis e Javier; para sempre quedarán nas nosa lembranzas.


Ata agora moitas persoas maiores veñen colaborando coa nosa escola; esta foi a primeira experiencia con participación de mocidade voluntaria. Outra vez confírmase o que di unha das nosas cántigas referido ao desenvolvemento interxeneracional:


Nenas e nenos,
mozos e vellos.
Na escola de Vixoi
Xuntos aprendemos.









4 comentarios:

  1. Foi unha sorte poder compartir con vós unha actividade tan interesante. Ademáis dos nenos e nenas, as profes tamén aprendemos moitas cousas.
    ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  2. Non hai como a transmisión oral! Grazas a vós, ainda que eu non puiden disfrutar desa visita tan interesante, coas vosas detalladas explicacións aprendin un montón de cousas útiles. Biquiños!!

    ResponderEliminar
  3. Que actividade tan chula, seguriño que o pasastes máis que ben, ademáis de aprender un montón de cousas. Biquiños dos silvosiños!

    ResponderEliminar
  4. Carai!! Xa estades preparados para calquer imprevisto!! Noraboa pola actividade!

    ResponderEliminar