1 jun. 2012

Celebración sensacional: Auga da fonte e xogos populares

Extraordinario aniversario foi o que celebramos co avó de Candela, Miguel. É a segunda vez que gozamos da súa presenza e desta déusenos unha coincidencia especial; neste día cumpriu 60 animosos anos. O avó Miguel, que entre as súas múltiples habilidades ten a de bo cociñeiro, fíxonos para a ocasión un exquisito bizcoito de fariña de millo. Ademáis de cantarlle, tirarle das orellas 60 veces e cumprir todo o noso ritual dos aniversarios… tivemos outra novidade. Despois de probar in situ a auga da fonte de Vixoi e falarnos Rosario das súas excelentes propiedades troixemos unha garrafa dela. Con esta auguiña viva, sen nengún tratamente e sen contaminar, fixemos o noso brindis. Máis que nunca sentimos esta nova e gustosa sensación imaxinándonos os máxicos efectos que vai facer no noso corpiño.
O avó Miguel, que é moi agradecido, tamén estimou os nosos agasallos e despois desta improvisada celebración de aniversario púxose con nós ao plan que xa tiñamos previsto dende hai tempo. Trátase de que este avó está moi entrenado nos xogos da súa nenez e da súa xuventude. Coma mestre que é nos xogos de chapas e de canicas ofreceunos unas leccións marabillosas.
Primeiro dentro da escola e logo fóra na terra, debaixo da sombra do noso freixo amigo, gozamos das interesantes explicacións e dunha divertida práctica. Na compaña do gran talante do avó Miguel experimentamos algo que nos abríu un intenso e novo desexo de iniciarnos nestes fenomenais enredos de todos os tempos. Este admirable avó ademáis de procurarnos unha gran satisfacción tamén contribúe a que moita sabiduría popular se recupere manténdose viva. Un bo xeito de aproveitar unha actividade ben saudable.






3 comentarios:

  1. Unha visita do máis instructiva, ainda que o de tirarlle a Miguel 60 veces das orellas...je, je
    ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Buenooooo, entre os limón do fantástico limoeiro e esa auga da fonte... tedes todo un elixir de saúde!!
    Biquiños dos silvosiños!

    ResponderEliminar
  3. O avó de Candela é un home sabio e encantador que tivo moita pacencia connosco e nos fixo disfrutar moito cos seus xogos.A algún xa se lle vían maneiras ao final da xornada. Un placer de día!

    ResponderEliminar