15 jun. 2012

Co proxecto da arte no meirande avance


O que deu de si a motivación arredor do traballo sobre F. LLORÉNS chegou aos extraodinarios niveis do impensado. A sensibilidade, a curiosidade, o interése e a disposición que se provocou desbordaron as nosas expectativas. A inspiración suscitada sobre a  vida e obra deste gran artista galego levounos a unha entusiasmada exploración da nosa conntorna na procura de beleza e de valores. Tal intento requeríu asomarse á fermosura da natureza e ao valioso legado  que ata a actualidade nos  viñeron deixando as xeracións que nos precederon. A idea  de aprender a expresar aquilo que observamos mediante a representación foi todo un reto. Isto requeríu  unha observación matemática da realidade e unha adquisición de novos conceptos e técnicas.
O primeiro paso foi outra das nosas saídas contando co aprezado asesoramento da bisavoa Rosario e tamén da avoa Mari Carmen. Un completísimo roteiro co programa dunha gozosa visita á fonte de Vixoi, unha exploración da escasa arquitectura popular que nos queda,  a observación dos edificios máis significados, a visita á árbore máis sinalada para nós… Estas fermosas experiencias convertíronse no punto de partida para a nosa aventura artística. A meta era facer un mural para participar no proxecto compartido coas escolas do CRA e o CEIP Cruz do Sar.  Ante a necesidade de querer representar algo significativo presentouse a oportunidade de ampliar as nosas competencias. Os primeiros bocetos de debuxo liñal, as primeiras nocións de debuxo técnico espertaron un interese formidable. Produciuse o clima espontáneo para  traballo en equipo, o afán de superación e de perfeccionamento, a elección dos mellores traballos de xeito ánonimo. E dende logo os avances foron en xeral moi satisfactorios e, en algúns casos, foron sorprendentes.
No medio deste cumprido proxecto ofréceusenos outra valiosa colaboración. Desta vez foi o pai de JACOBO, MANUEL, que nos brindou a oportunidade dunha amena sesión sobre arte. Sendo Manuel un docente experto nesta materia fíxonos unha exposición, verbal e audiovisual, cun moi logrado nivel e que foi seguida por todos os nenos cunha especial atención.
E como broche final temos a actividade de expresión plástica para  a portada dos noso traballos do 3º trimestre. Nesta ocasión fixémola cou hórreo de Vixoi, un dos motivos inspirados no proxecto sobre F. LLORÉNS que acada a  valoración do patrimonio da nosa contorna.











   

1 comentario:

  1. Está clao que hai moita arte en Vixoi, o venrs daba gusto vervos colorear as fichas de inglés disfrutando de mesturar cores e material. Por certo a intervención do pai de Jacobo encantoume, moi motivadora e accesible. Noraboa!

    ResponderEliminar