25 ago. 2012

LEMBRANZA DOS NOSOS ANIVERSARIOS


Rematamos o curso cunha boa lembranza das celebracións dos aniversarios. Sempre con tortas artesás; unhas feitas por nós na escola e outras traídas da casa, pero feitas en familia. Todos elas nos deixaron moi bo sabor de boca.




            Celebracións con torta de millo 
            e limoada natural






           Unha boa experiencia co millo 
          foi a da repostería:

Torta galega con fariña de millo (collida dunha receita do libro de Cociña Galega de  Álvaro Cunqueiro).


                                

Encantounos observar os preparativos e facer a torta, pero aínda nos gustou máis lamber a pota. Xa a masa estaba de rechupete antes de cocela!











De todas as veces nos saíron unhas tortiñas requeteboas. 













Unha bebida especial para as nosas celebracións:

A nosa deliciosa torta acompañámola dunha limoada natural que fixemos cos limóns do noso limoeiro.
Como temos unha árbore moi alta, grazas a que o profe Ricardo nos colleu unhas boas presadas de limóns enormes, maduriños e olorosos.


Entre todos esprememos os limóns e batemos o azucre ata poñela a punto.




 Logo brindamos coa limoada saboreando entre sorbiños a nosa esquisita torta.




Tamén das nosas casas troixemos tortas moi variadas: de froitas naturais, chocolate...todas de chuparse os dedos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario