26 ago. 2012

HORTA FLORIDA E SEMENTE CRECIDA


Como despedida fructífera deste curso facemos a última experiencia desta tempada na nosa horta.



 Isto non podía ser sen a axuda das nosas incansables colaboradoras, Rosario e Mari Carmen,  que se nos presentan con novas plantas, descoñecidas para a maioría. Desta vez trátase doutras variedades de cabazas, remolachas de mesa, acelgas, fabas…e tamén de plantas para o xardín.

Resultou coma sempre unha breve pero múltiple vivencia:

·      Ampliamos a nosa plantación de cara a que medre durante o verán e así atoparnos en setembro cunha colleitiña.
 


 ·      Gozamos vendo como medraron as hortalizas das anteriores plantacións.


·      Abraiamos observando as flores e as sementes que xa botaron algunhas  destas hortalizas.

 





 ·      Emocionámonos ao descubrir como estas sementes prometen a continuidade da nosa horta. Con elas percibimos en vivo os marabillosos ciclos da natureza.


Experiencias ben colmadas
 e tarefas rematadas.




Para o libro dos traballos
fixemos estas portadas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario