26 ago. 2012

REPRESENTACIÓN FIN DE CURSO: O VELLO LOBO

Vello lobo solidario

Representación escenificada e
actividade interxeracional

* Cunha actividade interxeracional, en Vixoi, celebramos o fin deste curso. Tratouse dunha actuación que desta vez foi aproveitada de xeito triple:

* Coma nos  cursos anteriores o último proxecto  acada temas e experiencias que nos permitan completar e afianzar os obxectivos programados.

* Todo isto quedou expresado, de xeito lúdico e global, no conto escenificado na festa de despedida. Dita actuación, ademáis dunha actividade de convivencia coas familias, foi a despedida d@s que comenzan primaria e un reencontro cos exalumn@s.

* Unha dedicación especial, como agradecemento, ás persoas colaboradoras.

Fermosa  actividade cooperativa

Con flores de Rosario
adornamos o escenario

Preparar a actuación supuxo unha emocionante movida. Non podía faltar a máxica implicación dunha especial colaboradora con xeniais ocurrencias. Foi a bisavoa Rosario a primeira en pensar nos adornos do escenario e axiña nos sorprendeu cunha carretilla cargada de vistosas flores. ¡Encheunos o corazón coa súa sensibilidade!







Tamén foi divertido iso de colorear entre tod@s  as letras para o mural. 






É de significar a colaboración das familias, en 

especial das mamás, para todo traballo que requeriu 

a representación.


A escenificación do conto didáctico

VELLO LOBO SOLIDARIO

Esta interpretación foi todo un éxito debido á inmensa motivación dos actores (de 3, 4 e 5 anos) que en menos de tres semanas dominaron con sorprendente soltura o recitado e a escenificación.


















Dito conto, adaptado aos intereses d@s nen@s, enfocouse principalmente ao desenvolvemento emocional ademáis de globalizar os diferentes coñecementos  contemplados na programación do curso.  Entre os múltiples valores que  engloban as súas atractivas  personaxes atópase o da estima cara as persoas maiores.

Tamén lla dedicamos especialmente ás persoas colaboradoras.

     Por sorte este ano veunos engadida outra circunstancia para integrar na mesma celebración. Esta refírese a que no 2012 celebráse a nivel europeo o ano da solidariedade interxeracional e do envellecemento activo. Nun dos eventos da Comunidade Europea, que recolleu experiencias sobre boas prácticas educativas, foi premiada a Escola de Vixoi  cunha mención especial.  Entendemos  que tal  recoñecemento ten que recaer nas máis de 20  persoas colaboradoras, a maioría persoas maiores, que fixeron posible  un extraordinario proxecto durante os catro cursos que se ven desenvolvendo. 






Foi  polo que tamén a elas, ademáis de dedicarlles a nosa obriña, fixémoslles entrega  dun agradecemento,  a modo de sinxelo diploma,  significando a súa valiosa colaboración na nosa escola. Neste caso, os nenos e as nenas, entregaron este singular e emotivo distingo ás  persoas alí presentes e fixémosllelo chegar ás que non poideron asistir.




Outra actividade foi a de representación gráfica mediante un libriño ilustrado por tod@s para recrear o texto recitado. Con gran ilusión e esmero fixeron preciosos debuxos e colorearon para a ilustración do conto. Logo fixemos copias para cada nen@ e para algúns agasallos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario