16 dic. 2014

O pandigueiro veu de visita!!



       Como todos os anos, o pandigueiro veu de visita á nosa escola, contounos cousas interesantísimas sobre a serra do Courel, e das cousas que viron, xunto coa súa axudante Alicia durante o percorrido que fixeron ata a nosa escola.


  Tamén nos ensinou algúns dos xoguetes que fai alá nos montes....


     E nos deu unha mazá para compartir entre todos, ademáis nos regalou para a escola unha pizarra con forma de triángulo, unhas pinzas de madeira para coller os ourizos sen picarnos as mans e castañas e ourizos




       Nós fixemos onte uns debuxos para darlle de agasallo como agradecemento pola súa visita...


MOITAS GRAZAS!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario