5 feb. 2016

Semana da paz


     A semana do 25 ao 29 de xaneiro, na escola imos a traballar a paz, e dentro deste tema, as emocións que sentimos en determinadas situacións, por ese motivo, Eva, a profe da biblioteca, comeza a semana contándonos o conto do monstro de cores, o cal segundo cómo se sinta, ponse dunha cor ou doutra.




     Tomando como referencia o conto, Eva fixo cos nenos actividades como pintar sales aromáticas de cores 




    Experimentamos coas emocións, qué sentimos cando nos enfadamos? e cando nos poñemos tristes?,....
       Poñemos nun bote, auga, aceite, colorante e media pastilla efervescente... qué pasa??





    Levamos os botes e as sales que fixemos con Eva nunha bolsa decorada por nos, de cor amarelo porque  coincidimos todos en que cando estamos na escola sentímonos contentos.





   Cada día desta semana estivo dedicado a unha emoción e, entre outras cousas, debuxamos as situacións que nos facían sentir así...




    O venres 29 celebramos o día da paz en todas as escolas do C.R.A., empezamos o día soltando a nosa pomba da paz



    Tamén fixemos unha videoconferencia con todas as escolas do C.R.A. e cantamos a canción da paz que nos ensinou a profe María!



   Tamén a cantamos no patio da escola!!


   E, por último, decoramos a nosa pomba da paz, quedounos superchula!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario