15 feb. 2017

Somos únicos


   Este curso estamos a realizar unha serie de actividades destinadas a traballar a conciencia emocional, a autoestima, o autocontrol,... do proxecto "Meniños"
   Dentro do bloque da autoestima realizamos a actividade "Somos únicos" que consistía en que cada neno/a tiña que responder a unha serie de preguntas sobre os seus gustos (que cor che gusta máis, a túa serie favorita, a túa comida preferida,....) e pegala no seu átomo xigante. O átomo representa a individualidade e a singularidade de cada persoa, non hai dúas persoas iguais e, eso precisamente, é o que nos fai especiais.
   Despois expoñeríamos diante dos demáis o contido dos nosos átomos.







   Todos espuxeron os seus traballos moi ben!, mirade como o fixo Paula....



No hay comentarios:

Publicar un comentario