19 abr. 2017

Olimpiadas alternativas



   Non sempre se gaña.... excepto nestas olimpiadas que fixemos en Vixoi! Son unhas olimpiadas moi peculiares porque teñen premio os que gañan e os que perden
   
   Fixemos varias probas....

CARREIRA DE CARACOIS

   Os que gañan non son os que chegan primeiro á meta senón os que chegan os últimos


DALLE Á QUENLLA

   O xogo consiste en meter dentro da quenlla tres tapóns a unha certa distancia, cada vez nos distanciaremos máis así que se irá complicando un pouquiño o xogo....






GIMKANA

   Faremos un circuito con diferentes percorridos, o terán que facer da forma máis rápida posible



   E con este último xogo, rematamos as primeiras olimpiadas alternativas de Vixoi, nalgunhas probas destacaron algúns nen@s e noutras outr@s, así que, despois de deliberar durante un ratiño, os xuíces decidiron que todos os nenos e nenas da escola gañaron!



No hay comentarios:

Publicar un comentario