11 may. 2017

Atención.... escóitase!!


   Outra das actividades para desarrollar as habilidades socioemocionais que nos propón a fundación Meniños é a dos xogos recollidos no apartado "Atención... escóitase!
    O primeiro xogo ao que xogamos foi a de escoitar sons, para iso, un dos nenos tiña que coller a claqueta da escola e dicir: "atención... escóitase!", escoitamos un son e tiñamos que adiviñar quen o fai, como neste mes estamos a falar dos diferentes tipos de animais, decidimos facer a actividade orientada a descubrir aos animais que facían diferentes sons...




    Outra das actividades  foi a de seguir unha coreografía, para iso, debían estar atentos ao que vían na pantalla do ordenador para poder imitalo





   E a última das actividades que fixemos foi a de seguir as instruccións do director de escena, para iso, a profe tiña que dicir: "o director de escena quere que...." e lles mandaba algunha cousa como coller algo de determinada cor, saltar,.... Tiñan que estar moi atentos porque se eu non dicía a frase a orde non valía e perdían.






No hay comentarios:

Publicar un comentario