10 may. 2017

O castelo da cortesía

   
    Seguimos a facer actividades propostas no proxecto Meniños, neste caso sobre habilidades socioemocionais.
    Nesta actividade imos a convertirnos en cabaleiros de cortesía e solucionar problemas que se nos presentan, para entrar no castelo necesitamos unha chave, así que todos nos poñemos man á obra e fabricamos e decoramos unha.






   Unha vez que temos a chave, temos que ter unha porta, un castelo e caracterizarnos como cabaleiros, así que, entre as cousas que temos na clase nos disfrazamos e construímos unha porta.




   Agora que xa somos cabaleiros e temos un castelo e unha porta para poder acceder a el, facemos grupos de dous e algún de tres para escenificar diferentes situacións...








     
          Situacións como.... imaxinade que andades paseando polo castelo e vos perdedes, encontrades a outro cabaleiro, ¿que facedes?.... hai dous cabaleiros que están falando sobre un tema pero non están de acordo, ¿como nos comportamos?.... 

       Foi unha actividade moi chula, eles seguiron a actividade no recreo pola súa conta e o pasaron pipa!





No hay comentarios:

Publicar un comentario