12 may. 2017

O castro de Vixoi


   Seguindo o proxecto anual que facemos todas as escolas do CRA "Viaxe ao pasado", este trimestre traballamos os celtas, a súa forma de vida, as súas construccións, relixión, oficios,...
   Chamounos moito a atención as súas casas, así que decidimos facer un castro celta con plastilina que ao secar queda coma se fose goma para que fose máis duradeiro.

   Cun cartón fixemos unha plantilla da forma que tería e a pintamos de marrón cun  pincel.


   Cando secou, collimos plastilina blanca e a mesturamos cunha pouca branca para que quedara gris


  Despois de facer a mestura, estirámola e a cortamos cunha tesoira en cadradiños pequenos asemellando ás pedras conque os castrexos facían as súas construccións e comezamos a poñer pedra sobre pedra, cada pouco tiñamos que parar e deixalo para o seguinte día cando secara para que a construcción non caera.


  



   Unha vez temos feita a parte de "pedra" facemos o tellado con plastilina amarela, para que se sosteña temos que facelo sobre un molde de cartulina en forma de cono.



  Con silicona peguei o tellado ás paredes para que non se separara cando o colleramos e, así quedou!


No hay comentarios:

Publicar un comentario