22 jun. 2017

As sete herbas de san Xoán


    Dentro de pouquiño é san Xoán, a noite do día 23 ao 24 de xuño, celebramos o "solticio de verán" e encendemos fogueiras, comemos sardiñas,.. e facemos un montón de cousas relacionadas con ese día.
   Este curso falamos doutra tradición que se fai ese día, o de lavarse a mañá do día 24 coa auga na que estiveron as sete herbas de san Xoán toda a noite.
   Despois de coñecelas por separado, fixemos un mémori na escola para xogar.



   E recordade, cando vos lavedes pola mañá con esa auga milagreira, non podedes facelo mirándo ao espello!

No hay comentarios:

Publicar un comentario