7 jun. 2017

Siluetas de amizade



   Hoxe fixemos unha das últimas actividades do proxecto Meniños que está dentro do blogue de "Resolución de conflictos" chamada "siluetas de amizade"
    Dinlles aos nenos/as unha silueta, e se lles indicou que se imaxinaran que eran eles/as, cando estamos xuntos somos un equipo pero, que pasa cando un/unha se enfada e se vai?



   Ao longo da mañá, cando estamos a traballar na aula, cando estamos a xogar,... podemos ter opinións  que teñen ou non teñen nada que ver coas que teñen os nosos compañeiros/as, sin que iso signifique que as dos demáis sexan peor ou mellores que as nosas, así que o que debemos facer é respectar sempre aos demáis e non discutir sempre, para darnos conta diso, fixemos unha serie de xogos que nos propuxeron no proxecto....

Cadeiras musicais cooperativas




    O xogo consiste en colocar tantas cadeiras como nenos/as hai na aula e, ao ritmo da música, ir dando voltas ao redor das cadeiras, cando a música cesa, cada neno/a ten que sentarse nunca, irase quitando cadeiras sucesivamente para que quede un neno ou nena sen sentar, ao final, gaña o que se senta na única  que quede.
    Con este xogo aprendemos que non sempre se gaña e que temos que aprender a perder sen enfadarnos cos demais.

Tren da amizade




   Ao ritmo dunha canción un neno/a ten que dar unha volta ao redor da clase, segundo vaia completando esa volta irase engadindo outro neno/a a ese tren ata que vaian todos da clase.
    Ao principio resulta sinxelo, pero, a medida que o tren ten máis ocupantes, é máis complicado andar e ir todos a unha. Con este xogo vemos que, canto máis sexamos nunha actividade máis difícil será poñernos dacordo, polo  que é moi importante chegar a un acordo (coordinación) para divertirnos todos.

Desprazamento coordinado


   Por parellas, atamos os pes cunha lá e temos que recoller as pezas que hai no solo que sexan dunha cor determinada.
   Descubrimos que é moi importante que nos poñamos dacordo á hora de facer un movemento para non caernos e ir pola peza que queremos, o mesmo ocorre cando estamos a xogar varias persoas, ás veces teñen que ceder no xogo uns e outras veces outros para que non haxa conflictos.

Baile da compenetración


   A actividade consiste en bailar ao ritmo dunha canción sen que se caiga a pelota, non podemos tocala soamente aguantala coa nosa barriga.

A procura cega do tesouro


   Un dos compañeiros/as debe ter os ollos pechados mentres outro/a esconde un "tesouro" nalgún lugar da clase, o que esté coa venda na cara ten que guiarse polas instruccións do compañeiro/a ata que atope o tesouro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario