3 may. 2018

Visita de protección civil


   Un ano máis tivemos a sorte de que viñeran a visitarnos protección civil de Bergondo. Estamos moi ledos porque sempre aprendemos e facemos cousas moi interesantes con eles.

  Explicáronnos cal é o seu traballo e as cousas coas que tiñamos que ter coidado dentro e fóra da casa ademáis do número ao que tiñamos que chamar se nos atopamos nalgunha dificultade.






   Ensináronnos cómo se fai unha RCP (reanimación cardiopulmonar) e practicámola cos bonecos que había na clase.









   Fixemos unha simulación de saída de emerxencia e, por último e o máis esperado por todos nós..... ensináronnos o seu camión!! Alí, despois de explicarnos algunhas cousas que fan con el, puidemos subir á cabina, poñer as luces e ata falar polo autofalante!!





   E algúns ata repetiron!






   Dentro do camión fixemos moito ruído...







Moitísimas grazas pola vosa visita!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario