4 jun. 2018

Visitamos o CPI Cruz do Sar


   Como todos os anos, estamos desexando visitar o CPI Cruz do Sar por varios motivos, para que os nosos nenos e nenas de 5 anos coñezan o cole ao que van a ir para o curso que ven, para degustar o menú tan rico que sempre nos poñen no comedor e para ver algunhas das sorpresas que nos teñen preparadas.
   Este ano, sorprendéronnos coas actuacións de outros alumnos/as, algúns deles eran nenos e nenas que foron á nosa escola, así que foi dobre pracer velos outra vez!

   Despois de estas actuacións tan chulas, fomos a ver a biblioteca, alí están os nosos traballos e os das outras escolas referentes ao proxecto de Roma que fixemos este curso.





   Explicamos aos demais compañeiros/as algunhas das cousas que fixemos na nosa escola...



   Despois fomos ao ximnasio a facer algúns xogos...



   E despois de tanto exercicio, hai que comer e beber algo para recuerar forzas, no comedor do CPI Cruz do Sar preparáronnos cousas moi ricas!






   E despois de comer, xuntámonos todos para cantar unha canción!



      Os alumnos/as do Cruz do Sar cantáronnos a canción que nos representou en Eurovisión "Tu canción" de Aldred e Amaia na linguaxe de signos. Unha preciosidade.

Como sempre, un pracer volver a veros, graciñas por todo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario