27 sept. 2018

Comeza o outono!


   Este domingo comezou o outono, aínda que non se nota moito porque seguimos a ter bo tempo, iso tamén nos gusta moito porque así podemos xogar no patio.
   Telmo iniciou a temporada de outono, para iso, nos trouxo unhas uvas da vendimia (verdes e moradas) e nos explicou como era a vendimia.
      Gustounos tanto o tema que nos puxemos a indagar na nosa pantalla máxica a ver que atopábamos sobre o tema....


   Agora que xa sabemos algo máis sobre a vendimia, queda ver como son as uvas e probalas...


   Temos que dicir que as uvas estaban riquísimas e, aínda que semella que saben igual, é certo que comprobamos que as moradas e as verdes diferenciábanse un pouco no sabor. Tendo en conta iso, despois cada un e cada unha pintou unhas uvas da cor que máis lles gustou...






No hay comentarios:

Publicar un comentario