23 sept. 2018

Comezo de curso




   Benvidos a un novo curso!
   Neste curso 2018/19 somos 11 nenos e nenas. Este curso estará cheo de sorpresas e cousas divertidas, temos un novo proxecto anual titulado "Escolas da galaxia" común a todas as escolas do CRA.
   Neste primeiro trimestre falaremos da:

- escola
- o outono e as súas festividades (magosto e samaín)
- o noso corpo
- a familia
- o nadal

   Ademáis faremos, como todos os anos, un proxecto destinado a falar e a tratar as nosas emocións para comprendelas e xestionalas dentro das nosas posibilidades. Este curso o proxecto será "o  mounstruo de cores"
 

   A finais de maio saíron unhas recomendacións por parte do Ministerio de Educación sobre o tratamento da imaxe dos nenos/as dentro de espazos públicos como blogues e páxinas web. Paréceme importante seguir difundindo algunhas das actividades que facemos na escola no blogue porque é unha maneira de que se coñeza a nosa escola e como traballamos nela, sen embargo, sí que evitarei colgar neste blogue as imaxes dos nenos e nenas nas que se recoñeza fácilmente a súa cara, a finais de trimestre pedireivos un pendrive e vos pasarei todas as fotos.




Benvid@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario